Lara Méndez presente no acto conmemorativo do Día da Merced no que se entregaron as medallas ao Mérito Penitenciario a tres funcionarias de Bonxe.
Martes, 24 de setembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, xunto á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou este martes nos actos conmemorativos do Día da Merced, patroa dos funcionarios de Institucións Penitenciarias, nos que se entregaron distincións a tres traballadoras dos centros penitenciarios de Bonxe.