
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou unha serie de actividades infantís na Praza de Abastos e no Mercado Municipal “para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as nais e pais realizan as súas compras na P

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Benestar Social, Olga López, asistiron hoxe á lectura dun manifesto convocado pola Rede Lucense de Voluntariado RELUVOL) con motivo do Día Internacional do Voluntariado.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou no Libro da Cidadanía, exemplar que foi inaugurado esta mañá na Delegación de Goberno co obxectivo de compartir reflexións sobre a Constitución.

A concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, daba conta esta mañá que a XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental - Gran Premio CaixaBank, a falta de 18 días para a súa celebración, alcanzou case a metade de inscritos permitidos.

Este próximo mércores, día 1 de decembro, o Executivo de Lara Méndez, a través da área de Muller que dirixe Silvia Alonso, abrirá o prazo de inscrición do programa ‘Aprende Xogando’ tanto para as mañás de vacacións de Nadal (22,23,27,28,29,30 de decembro e 3,4,5,7 de xaneiro) como para o 2º trime

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Benestar Social, que dirixe Olga López Racamonde, destinará en 2022 unha partida de 224.215 euros ao servizo de Xantar no Fogar.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistía esta mañá no Círculo das Artes, á 8º edición dos premios da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (CoGAVe).

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro visitaron as instalacións da asociación Raiolas, onde a área de Cultura vén de realizar un novo mural á entrada do local da asociación na rúa Músico Falla.

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo retoma a campaña “O noso mercado é un agasallo” para incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comerci

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistía esta tarde no MIHL, ao acto de inauguración LXV Reunión da Sociedade de Ciruxía de Galicia, que reunirá a profesionais e expertos da rama sanitaria procedentes de diferentes puntos de Galicia, para debater sobre enfoques médico-quirúrxicos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- …
- seguinte ›
- última »