
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo esta mañá un encontro coa veciñanza afectada polas obras de peonalización da Mosqueira, atendendo á petición que lle fixeron chegar.

O executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, trae a Lugo en estrea o documental galego ‘Garantía de Vida’, que denuncia as consecuencias da ilegalización do aborto en República Dominicana.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou hoxe a xornada A Forza das Mulleres Rurais, organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo).

O Goberno de Lara Méndez abonou entre outubro e decembro un total de 1.887 facturas, principalmente a pequenos e medianos provedores, por valor de 21.474.156 euros, o 78% deste importe dentro do prazo legal establecido.

O Concello de Lugo buscará colaboración coas entidades financeiras para conveniar a instalación de caixeiros automáticos nos centros sociais municipais, cedéndolles o espazo para instalalos.

O goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, abriu os prazos para que a mocidade se inscriba nas actividades de formación incluídas no programa +Xti, desenvolvido a través do plan de Prevención de Drogas e outras adiccións.

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldesa do Concello de Lugo asistiron esta tarde ao Folión de Entroido, organizado pola Tradescola en colaboración coa área de Cultura, e que da comezo ás distintas actividades do Entroido 2022.

O salón de actos do CEI Nodus acolleu hoxe una charla informativa, a cargo de técnicos municipais, da nova plataforma de contratación do Concello de Lugo, impulsada polo Goberno de Lara Méndez para favorecer a concorrencia e a igualdade de oportunidades e mellorar a publicidade das convocatorias

O Centro de Día ‘Novo Antonio Gandoi’ disporá dun orzamento anual de 613.000 euros (un 37’47% máis que na actualidade – 446.362 €) para afrontar a súa xestión.

A Xunta de Goberno Local adxudicará esta semana o Plan de Embelecemento urbano co que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pretende mellorar a conservación e a habitabilidade dos barrios da capital.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- seguinte ›
- última »