
O Goberno de Lara Méndez conmemorará, por segundo ano consecutivo, o día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. Farao, a través da Concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, levando a cabo unha actividade a pé de rúa dirixida a cativos e cativas lucenses.

O Concello de Lugo vén de iniciar o procedemento para rescindir o contrato á adxudicataria da subministración, instalación e mantemento integral dos 57 desfibriladores e 10 totems exteriores instalados nos edificios municipais e prazas da cidade, ante os incumprimentos do mesmo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá a reorganización da atención cidadá do Concello de Lugo para incluír un horario de acceso libre a partir da unha do mediodía que se combinará, nun modelo mixto, co mantemento da cita previa entre as 09:00 e as 13:00 horas.

O Concello de Lugo vén de habilitar unha oficina de atención cidadá para canalizar as demandas en materia de limpeza viaria e recollida de lixo.

O Goberno de Lara Méndez continúa a traballar na organización do Tour do Talento 2023 que acollerá a cidade de Lugo, do 2 ao 7 de maio, tras ser a única cidade galega seleccionada pola Fundación Princesa de Girona (FPdGi), impulsora da iniciativa, e unha das cinco onde d

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de poñer a disposición da cidadanía unha nova pista deportiva no Castiñeiro, cumprindo coas peticións da veciñanza da zona que reclamaba novas dotacións para a contorna, unha das máis populosas da capital.

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar o firme de varias vías municipais.

O Goberno de Lara Méndez modernizará e ampliará o parque infantil da rúa Roi Xordo, situado fronte á porta principal de entrada ao colexio público Illa Verde.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández presentaron esta mañá os novos equipamentos que, dende esta mesma semana, se incorporan ao servizo municipal de limpeza viaria, duplicando o número de máquinas que actualmente realizan ese labor en beirarrúas e p

A Concelleira de Participación, Cristina López, anunciou as actividades que se levarán a cabo no entorno da praza de Abastos e do Mercado no primeiro semestre deste ano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- …
- seguinte ›
- última »