
O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, comezará unha serie de encontros nas vindeiras datas coas empresas e entidades que amosaron interese en participar no programa municipal de compostaxe para grandes xeradores de residuos.

Este venres, a Corporación municipal de Lugo participou nos tradicionais actos conmemorativos da festividade de San Roque, unha celebración que se mantén viva na cidade dende o ano 1768.

O Concello de Lugo renovou hoxe, 15 de agosto, a ofrenda da cidade á súa patroa, a Virxe dos Ollos Grandes. A comitiva partiu da Casa Consistorial este mediodía e percorreu as rúas do centro ata chegar á Catedral, onde se oficiaron os actos relixiosos.

A alcaldesa de Lugo despediu profesionalmente esta mañá ao xefe do Servizo de Urbanismo, José María González Rodríguez, Chema, no seu derradeiro día de traballo, xa que acada a súa merecida xubilación despois de 40 anos como funcionario, todos eles no departamento de Urbanismo da administración l

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, valorou os obradoiros infantís que se celebraron ao longo do ano nas instalacións do Mercado Municipal.

O Executivo de Paula Alvarellos está a traballar na futura humanización e recuperación da Praza do Castiñeiro, un proxecto que se levará a cabo con varias actuacións, pero cunha intervención principal como é o novo mural que presidirá este espacio público.

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello á consulesa Xeral da República Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe que o director da Banda Municipal de Música do Concello de Lugo, David Fiuza Souto, comunicoulle formalmente a súa intención de reincorporarse ao seu posto a partir do 9 de setembro, unha vez concluído o seu período

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; e a concelleira de Cohesión Territorial, Ana Abelleira; mantiveron unha reunión cos veciños de Calzada da Ponte na Casa do Concello, onde se trataron temas clave para a contorna como a regulación do tráfico circulatorio e a renovac

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local que se celebra mañá o texto do convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo para o desenvolvemento da urbanización e a recuperación do pazo de Dona Urraca.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »