A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este martes que o millón de euros de aforro que o Concello acadará nos vindeiros catro anos de mandato grazas á redución no réxime retributivo da Corporación municipal será destinado integramente a políticas sociais.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este luns que as Mesas de Contratación do Concello terán unha nova composición neste mandato, pois, de contar con representantes dos grupos municipais, pasarán agora a estar formadas unicamente por técnicos.
O Concello de Lugo defendeu a postura dos veciños contra o peche da gardería de Afundación no barrio do Sagrado Corazón durante a reunión do padroado deste órgano celebrada na mañá deste xoves na Coruña.
Continuando co percorrido polas dependencias municipais para coñecer aos traballadores do Concello, a Alcaldesa, Lara Méndez, estivo na mañá deste luns no Parque de Bombeiros de Lugo, encontro que aproveitou para trasladar ao persoal o “agradecemento en primeira persoa” polo bo traballo acometido
A concelleira Carmen Basadre subliñou este xoves que os preparativos para o Arde Lvcvs 2015 están listos en todos os eidos, organización de actividades e dispositivo de seguridade.
A Alcaldesa destacou o “recoñecido prestixio” dos concelleiros, “grandes defensores da nosa cidade, que farán un moi bo papel polos seus perfís profesionais e políticos”
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estivo este martes no CEI-Nodus, o Espazo Lab e o Centro de Servizos Municipais, para coñecer persoalmente os empregados públicos que traballan nestas dependencias, agradecer o seu traballo e trasladarlles a súa confianza para continuar co seu labor.
A rexedora avanza que no tempo máis breve posible os seis grupos municipais disporán de locais na casa consistorial para que poidan desenvolver o seu traballo. Será necesaria unha reorganización que xa se está estudando.
O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, convocou para mañá, sábado, día 13 de xuño, ás 10.00 horas, a sesión de constitución da Corporación Municipal resultante das Eleccións Locais celebradas o día 24 de maio.
O Alcalde en funcións, José López Orozco, presentou esta mañá a súa renuncia á acta de Concelleiro, polo que non tomará posesión do escano na sesión na que se vai constituir a nova Corporación Municipal, o vindeiro sábado.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- …
- seguinte ›
- última »