Actualidade

Ex., 24-06-2026
Ex., 24-06-2026
Sábado, 13 de marzo de 2021
A concellería de Infraestruras renova o asfalto do Camiño de Namela, no barrio de Albeiros

Alexandre Penas: “renovamos o asfalto dunha vía que se atopaba en moi mal estado, mellorando os servizos da veciñanza da zona”

O edil de Infraestruturas visitou a zona xunto con integrantes da Asociación de Veciños as Gándaras, Albeiros, Ponte Romai e Virxe da Soidade

Sábado, 13 de marzo de 2021
Xuventude pon en marcha, de forma telemática, unhas xornadas de adiccións sen substancias

A actividade poderá seguirse, dende o 15 de marzo, na web www.lugomasxti.org

Unha vez rematados os relatorios, as persoas interesadas en participar, poderán consultar as súas dúbidas a través do enderezo electrónico prevenciondrogas@lugo.gal

Sábado, 13 de marzo de 2021
Lara Méndez anuncia que o Concello renovará e igualará os modelos dos 300 bolardos de protección do barrio da Milagrosa

A actuación responde a unha das peticións veciñais recollidas durante a campaña de Participación Cidadá posta en marcha no programa Muramiñae Rehabilita na zona DUSI.  

Co cambio destes elementos, mellórase a seguridade das rúas.

As primeiras accións serán nas vías Mallorca e Milagrosa.

Venres, 12 de marzo de 2021
Aspirantes, tribunal e Banda de Música de Lugo realizaron a proba de antíxenos para asistir ao último exame para optar á praza de director da banda de música

A área de Gobernanza estableceu, debido á pandemia, un protocolo para celebrar as probas coa maior seguridade para a saúde.

O tribunal, estará presidido por Iván Rodríguez Armán, director da Banda Militar de A Coruña.

Venres, 12 de marzo de 2021
Medio Rural lembra que Lugo dispón dunha ordenanza de corta e saca da madeira coa que regularar a actividade extractiva forestal

A ordenanza pretende facer compatible o aproveitamento forestal coa conservación das dotacións públicas, a preservación do medio e a protección da paisaxe.

A solicitude de autorización, podese descargar ou cumprimentar vía telemática a través da web do Concello de Lugo.

Xoves, 11 de marzo de 2021
Comezan as obras de creación de dous aparcamentos alternativos no entorno da nova senda ciclista que impulsa o Goberno de Lara Méndez

Mauricio Repetto coñeceu in situ os traballos que se efectuarán en Ramón Piñeiro e Lamas López para crear 69 novas prazas de estacionamento públicas e gratuítas.

“Hoxe damos un paso máis na procura dunha cidade cómoda, moderna e adaptada ás persoas, ao tempo que continúan a avanzar a bo ritmo as obras do carril bici”.

O executivo municipal inviste 171.000 euros nestes traballos, que contan cun prazo de execución de dez semanas.

Mércores, 10 de marzo de 2021
O Canil das Estantigas, totalmente renovado, abrirá ao público en canto xermine o céspede para garantir o seu mantemento

O recinto deberá permanecer pechado algunhas semanas máis para favorecer o crecemento estable da cuberta vexetal.

O goberno de Lara Méndez investiu preto de 50.000 euros na actuación na que se tiveron en conta as demandas que as persoas usuarias deste espazo lle trasladaron á rexedora.

Páxinas