Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 12 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control medidas COVID-19

No día de onte 11 de Marzo de 2021, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diferentes dispositivos para o control do cumprimento das medidas ditadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, levantándose 12 actas de denuncia polas seguintes infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 11 actas de denuncia por non facer uso da máscara de protección. Proponse sanción de 100 euros.
  • 10 actas por inspección a locais de hostalería.
  • 1 acta de denuncia por circular entre as 22:00 e as 6:00 horas, sen causa xustificada. Proponse sanción de 500 euros.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 0:24 horas do día 12 de marzo, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, cando presta servizo de vixilancia, é requirida para que acuda á Praza do Campo, xa que ao parecer había unha persoa refuxiándose da choiva, indicando que chegara á cidade para a xestión de papeis e perdera o bus de volta e tiña que esperar á mañá seguinte. Por tal motivo lévaselle ata o Albergue Municipal, onde pasa a noite

Filtros de seguridade viaria

Durante o mércores día 10 e xoves día 11, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, co apoio de equipos da Unidade de Atestados, leva a cabo unha campaña sobre cinto de seguridade e sistemas de retención infantil (SRI) no que estableceron diversos filtros de seguridade viaria nas vías do centro urbano, co seguinte resultado:

  • 21 denuncias por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación, ao detectar a outros tantos condutores que circulaban sen colocar o cinto de seguridade, leva aparellada unha sanción de 200 euros e a detracción de 3 puntos.
  • 3 denuncias por infracción á normativa de seguro obrigatorio de automóbiles, ao detectar outros tantos vehículos que carecían de SOA. Foron propostos para sanción de 1.500 euros.

Explosión de gas en vivenda particular

Na tarde de onte produciuse unha explosión de gas nun inmoble da Rúa Becerreá sobre as 17:00 horas. Á chegada dos axentes ao lugar atópanse na rúa os residentes do edificio, resultando unha muller ferida, con queimaduras na cara, pescozo e nunha man, sendo trasladada posteriormente ao HULA para ser atendida.

Dita muller ten ao seu cargo 5 nenos, os cales se atopan en perfecto estado, aínda que é difícil a comunicación con todos eles debido ao descoñecemento do idioma, xa que son orixinarios de Nixeria, quedando ao cargo dun irmán da muller ferida.

Que á zona desprázase unha ambulancia e dúas dotacións de bombeiros, indicando que non había lume no interior da vivenda e todo parece indicar que a explosión se debeu a unha acumulación de gas, por ter dúas bombonas de butano conectadas a unha caldeira de propano situada na cociña do piso. Que na zona ademais de tres dotacións policiais e dúas de bombeiros, comparece unha ambulancia do 061, un técnico de Repsol butano e dúas dotacións de Policía Nacional. Que a vivenda non pode ser ocupada nestes momentos, aínda que non ofrece perigo de derrube, tendo en conta que os danos foron no interior do piso afectado.

Identificación de persoa que causaba danos a vehículos estacionados

Procédese a identificar e denunciar a un cidadán que se dedicaba a raiar vehículos cunha chave de parafusos na Praza de Bretaña. Unha patrulla policial localiza e intercepta ao devandito individuo e presunto autor na rúa Galicia, despois de que unha muller, testemuña dos feitos e prexudicada, intentara suxeitalo sen éxito.

Que en principio, trátase de dous vehículos os que sufriron danos, ambos os propietarios presentarán a correspondente denuncia.

Noticias relacionadas