Actualidade

Ex., 18-06-2024
Ex., 18-06-2024
Luns, 19 de febreiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese co presidente da Federación de Comercio de Galicia

A rexedora interesouse pola situación do colectivo e expuxo as distintas liñas de actuación que o seu Executivo leva a cabo en apoio ao comercio local e en prol da dinamización do tecido empresarial lucense.

 
Domingo, 18 de febreiro de 2024
Maite Ferreiro recibiu a máis de 40 promotores turísticos que visitaron Lugo esta fin de semana

Representantes de axencias de viaxes de toda a península percorreron, dende a cidade de Lugo, os puntos máis singulares da provincia.

Ferreiro amosou o seu compromiso “estamos a converter Lugo no epicentro do turismo xa que estamos a menos 100km dos lugares máis importantes de Galiza e amosamos con orgullo o noso pasado galaico-romano”.

Venres, 16 de febreiro de 2024
As obras de peonalización de Ramon y Cajal destapan varios tramos de muro de cachotería de orixe romana

O achadonon afectan ao desenvolvemento das obras, xa que os labores continuarán por outra zona desta vía mentres o servizo de arqueoloxía procede a limpalos, estudalos e ditaminar a súa relevancia arqueolóxica.

“A vontade do noso Executivo é traballar para documentar o noso patrimonio, xa que supón unha oportunidade para todas e todos os lucenses polas posibles repercusións culturais e dinamizadoras que a súa conservación implica para Lugo”, sinalou a alcaldesa Paula Alvarellos.

Venres, 16 de febreiro de 2024
Toma posesión o novo director xeral de Urbanismo

A firma foi presidida pola alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, que estivo acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, así como polos xefes dos servizo de Arquitectura, Urbanismo e Arqueoloxía e o secretario municipal.

“Esta dirección xeral vai ser unha ferramenta imprescindible para este concello e para todo o seu desenvolvemento urbanístico. Sabemos da túa valía, do teu coñecemento”, sinalou a rexedora.

“Desempeñarei este labor con obxectividade e imparcialidade e sempre en defensa de Lugo e os seus veciños e veciñas”, sinalou Hipólito Pérez.

Xoves, 15 de febreiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese coa firma lucense Perusiñas, instalada no CEI-Nodus, para coñecer a súa expansión internacional

A empresa, dedicada á elaboración e comercialización de doces gourmet, vén de realizar o seu primeiro envío de galletas a Bélxica, logo de abrirse oco no mercado francés.

A rexedora destacou o éxito destes doces e puxo en valor o apoio brindado polo Concello apostando por este proxecto dende os seus inicios.

En concreto, o envío realizado ao país belga está composto por 1,5 millóns de galletas, o que supón 7 toneladas destes doces e unha facturación aproximada de 170.000 euros.

Xoves, 15 de febreiro de 2024
O Concello recibe a demolición do Garañón, cuxa execución transformou paisaxisticamente a vista da cidade

A rexedora, que acudiu á firma da acta, mostrouse satisfeita pola culminación desta fase do proceso e avanzou que o Concello está a tramitar a modificación puntual da unidade Urpi-58 do PXOM.

“Estamos máis preto de lograr o noso obxectivo de crear un novo pulmón que dea continuidade ás Costas do Parque e ao parque de Rosalía de Castro, ampliando así o cinto natural da trama urbana”, sinalou a rexedora.

“Recuperamos unha morfoloxía urbana que mostra coherencia co proxecto de cidade sostible e respectuosa coa contorna no que vimos traballando”, dixo.

Xoves, 15 de febreiro de 2024
Xuventude promove un curso práctico de manexo de dróns gratuíto para a mocidade lucense dentro da programación do +XTi

A formación terá lugar todos os venres e sábados dende o 8 de marzo ata o 18 de maio, en dúas sesións de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Jorge Bustos: “Este curso permitirá abrir portas nun ámbito laboral con gran demanda e en ascenso en diversas industrias, desde a fotografía aérea ata o sector da agricultura”

En total haberá 75 prazas dispoñibles. As inscricións abrirán este luns 19 a través da web www.lugomasxti.org e a selección realizarase por orde de entrada das solicitudes.

Páxinas