Actualidade

Ex., 18-06-2024
Ex., 18-06-2024
Domingo, 25 de febreiro de 2024
O Vello Cárecre acollerá un congreso internacional de nutrición

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron as instalacións xunto con representantes do Grao de Nutrición do Campus de Lugo, organizadores do evento que terá lugar no 2025.

Arroxo destacou a polivalencia dos espazos do Vello Cárcere, "que permiten a organización de todo tipo de actividades".

Sábado, 24 de febreiro de 2024
Xuventude recibe máis de 300 solicitudes nunha semana para participar nas actividades gratuítas dirixidas á mocidade lucense

A programación inclúe cursos de ioga, cociña ou zumba, roteiros de sendeirismo, unha visita enoturística e obradoiros de mantemento de biciletas ou radiocontrol, entre outros.

Como novidade, introdúcese a I Liga de Oratoria Intercentros, co obxectivo de incentivar o traballo en equipo e a participación cidadá entre os mozos e mozas.

Tamén haberá un obradoiro medioambiental en abril, coincidindo co Día Mundial da Terra, que incluirá unha recollida de plásticos pola Reserva da Biosfera Terras do Miño.

As inscricións, gratuitas, atópanse abertas en: https://formulario.xuventudelugo.gal/

Venres, 23 de febreiro de 2024
O Concello de Lugo xa dispón do seu novo Plan de Emerxencias Municipal

A alcaldesa Paula Alvarellos vén de recibir esta mañá o documento que será remitido de xeito inmediato a aos distintos departamentos para continuar incorporando documentación de valor ante calquera intervención.

“Dispor desta ferramenta actualizada vainos permitir coordinar de xeito máis eficiente aos servizos municipais cos distintos corpos e forzas de seguridade ou co persoal sanitario implicado nas emerxencias”, destacou a rexedora.

“Este traballo redundará nunha mellora da seguridade cidadá ao posibilitar prever riscos e intervír de forma máis rápida e efectiva ante calquera ameaza”, indicou.

Venres, 23 de febreiro de 2024

Estas medidas adóptanse co obxectivo de axilizar os traballos todo o posible e realizalos cando menos molestias impliquen para a cidadanía e o conxunto da actividade do centro.

Venres, 23 de febreiro de 2024
Lugo lembra a Rosalía no 187 aniversario do seu nacemento

Lugo lembra a Rosalía no 187 aniversario do seu nacemento.

As concelleiras e concelleiros do Goberno de Lugo participan nos actos do Día de Rosalía organizados pola área de Cultura e a AELG.

Maite Ferreiro destacou a figura “moderna, poderosa e valente” de Rosalía, que a converten “nunha das mellores figuras que nos definen como pobo”.

Xoves, 22 de febreiro de 2024
O Concello de Lugo porá en marcha un dispositivo especial de seguridade con motivo da celebración do Nacional de Motocrós

A rexedora informou que se reforzará a vixilancia para o correcto desenvolvemento da proba, garantindo a seguridade tanto dos participantes, como dos espectadores.

O Servizo de Bombeiros contará cunha dotación in situ no recinto, con vehículo autobomba, e Protección Civil mobilizará a un equipo cada día de entre 7 e 8 voluntarios.

A Policía Local organizará un dispositivo especial de vixilancia coa presenza de, cando menos, tres patrullas durante as noites, en previsión dunha elevada afluencia de persoas.

O circuíto municipal Jorge Prado albergará, por segundo ano consecutivo, esta proba na que participarán os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional.

Xoves, 22 de febreiro de 2024
Maite Ferreiro anuncia unha nova exposición que amosará as pezas tradicionais da cerámica dos centros alfareiros de Lugo

Entre 200 e 300 cerámicas exhibirán no Vello Cárcere as semellanzas e as diferenzas entre as pezas realizadas nos catro centros artesanais que coexistiron na provincia de Lugo.

No proxecto colaboran tamén a Asociación Ceramolóxica Canaveira, a Unidade de Arqueometría da Universidade de Santiago e a FECYT.

Páxinas