Código:
919
Presentación:
Presencial
Descarga
- Ámbito
DOCUMENTACIÓN XERAL:
Á solicitude xuntarase a seguinte documentación, de acordo coas bases reguladoras: Fotocopia do CIF da Entidade
- Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante, así como acreditativo e actualizado da representación na entidade ou asociación solicitante.
- Composición da Xunta Directiva actualizada. Se a última constitución se realizou cunha antigüidade superior a un ano, xuntarase á mesma unha certificación da/o Secretaria/o da Entidade facendo constar que a que se presenta continúa en vigor na actualidade.
- Certificación bancaria actualizada na que figure o número de conta da entidade solicitante.
- Proxecto e orzamento previsto de gastos e ingreso, segundo ANEXO II
- Declaración responsable, segundo ANEXO III ou documentación acreditativa.
- O cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, acreditada mediante a presentación das correspondentes certificacións. A presentación de declaración responsable substituirá á presentación das correspondentes certificacións no caso de que a contía solicitada pola Entidade beneficiaria non supere na convocatoria o importe de 3.000 euros. A sinatura da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións de non ter débedas tributarias co Concello de Lugo.
- Certificación da secretaría da entidade na que conste a existencia dun departamento ou vogalía de muller e igualdade, se fose o caso.
- Acordos ou actas da entidade acreditativas do funcionamento das vogalías ou departamentos específicos de muller, de ser o caso.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 06 de Outubro ata o 27 de Outubro ambolos dous incluídos.

