Subministración de auga en vivendas antigas

Código: 
603
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Con toda as solicitudes

  • Fotocopia do NIF/CIF da persoa propietaria do inmoble.
  • Fotocopia da escritura de propiedade ou documento que a xustifique.
  • Xustificante de ter pagadas as taxas da acometida, no seu defecto, solicitude normalizada de concesión de acometida de auga, de saneamento e de incendios, se fose o caso.

A) Se non posúen licenza de obra, ademáis é preciso presentar:

  • CERTIFICACIÓN TÉCNICA na que conste a antigüidade do inmoble e na que se describa éste de forma expresa,xutificada e pormenorizada e se acredite os anos que leva rematado no seu estado actual e, como mínimo, dende hai máis de seis anos; ou escritura actualizada de obra nova da vivenda, xunto con plano de situación no PXOM.

B)    Se posúen licenza de obra, é preciso, ademáis, presentar:

  • Copia do título de licenza e certificado final de obra, xunto con plano de situación no PXOM.
  • CERTIFICACIÓN TÉCNICA na que conste a antigüidade do inmoble e na que se describa éste de forma expresa,xutificada e pormenorizada e se acredite os anos que leva rematado no seu estado actual e, como mínimo, dende hai máis de seis anos; ou escritura actualizada de obra nova da vivenda, xunto con plano de situación no PXOM. 

NOTAA certificación técnica debe ser emitida por arquitecto, aparellador, enxeñeiro civil ou calquera outro profesional lexitimado e debe facer referencia, se fose o caso, atodas e cada unha das edificacións que conforman o predio onde se ubica o inmoble sobre o que se emite a dita certificación técnica (palleiras,garaxes, piscinas,etc.).

De tratarse dunha solicitude para un só local dunha edificación colectiva:

  • Escritura de división horizontal do edificio.

De tratarse dunha solicitude para un local comercial:

  • Copia da licencia de apertura, copia da comunicación previa e declaración responsable de apertura,(según o caso) e copia da declaración de alta no Imposto de actividades económicas.

UNHA VEZ TRAMITADA ESTA SOLICITUDE AVISARÁSELLES PARA QUE PRESENTEN O RESTO DE DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR O CONTRATO DE ALTA NA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA, SUMIDOIROS E LIXO.