Solicitude de matrícula Escola Municipal de Música - Curso 2026-27

Código: 
391

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 22 de agosto publicará as bases que rexerán o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música do Concello de Lugo para o curso 2026 - 2027.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes no Rexistro Auxiliar da Escola Municipal de Música, no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, na Sede Electrónica do Concello de Lugo ou en calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/15 de 1 de Outubro, de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 15 de setembro de 2026. Sorteo de letra o día 23 de setembro ás 11 h. na Escola.

Horario de Rexistro na Escola Municipal de Música:
Luns: 10:00 - 13:00 / 16:00 - 20:00
Martes - Mércores - Xoves: 16:00 - 20:00

Os alumnos que desexen matricularse deberán presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude en modelo específico debidamente cumprimentado que se facilitará na secretaría do centro. No caso de alumnos menores de idade, a solicitude deberá ir asinada pola nai/pai, ou persoas que ostenten a súa representación legal.
  • Unha foto actual a tamaño carné.
  • Fotocopia do DNI da persoa interesada (no caso de ser maior de idade), ou da nai/pai, ou persoas que ostenten a súa representación legal no caso de ser menores de idade.
  • Documento acreditativo da titularidade da conta onde se desexe domiciliar o pagamento dos recibos pola utilización do servizo municipal da Escola Municipal de Música onde apareza o titular e o número de conta.

+ info

391 - Solicitude Matrícula - Escola de Música