Certificado municipal de enderezo correcto

Código: 
271
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Fotocopia do DNI da persoa propietaria da vivenda.
  • Fotocopia da escritura da vivenda.
  • Fotocopia do último recibo do imposto sobre bens inmobles.
  • Plano de situación da cartografía municipal (facilitado polo Servizo de Topografía sito no 4º andar    de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00).ou ben a través da web municipal lugo.gal
  • Licenza de primeira utilización.
  • Se houbo un cambio na situación da vivenda non é preciso presentar a licenza de 1ª utilización.

No caso de tratarse de comunidades de propietarios para dilixenciar libros de actas ou modificar o enderezo que figuraba no libro anterior no rexistro da propiedade, deberá achegar:

  • Fotocopia do libro de actas da comunidade onde figure o enderezo, ou no caso de non habelo, fotocopia do escrito acreditativo da constitución da comunidade.
  • Plano de situación da cartografía municipal municipal (facilitado polo Servizo de Topografía sito no 4º andar  de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00) ou ben a través da web municipal lugo.gal
  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante.