- Tipo
- Ámbito
- Destinatario
Este trámite permite inscribirse no Padrón municipal de habitantes ás persoas que, vivindo habitualmente no Concello de Lugo, non figuran empadroadas en ningún concello.
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel.
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ó ano.
Quen o pode solicitar?
A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.
Que documentación hai que presentar?
Documentación xenérica
- Solicitude de alta por omisión no Padrón municipal de habitantes.
- Folla de inscrición padroal cuberta por todas as persoas maiores de idade que se inscriban (no caso de inscrición de menores, asinan a nai, pai ou titora ou titor legal). No caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, terá que asinar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figura inscrita nela.
- Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada: DNI, NIE, pasaporte ou tarxeta de residente, segundo o caso
Documentación específica para alta de menores de 16 anos
- Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia.
- Copia do acordo regulador ou sentenza xudicial, no caso de separación ou divorcio.
- Autorización do nai/pai/titora/titor, no caso de que a persoa menor de idade se empadroe no domicilio doutros familiares (avoas/avós ou tías/tíos).
Documentación relativa ó domicilio de alta, segundo sexa o caso
Vivenda ocupada
- Autorización para residir na vivenda
Vivenda en alugamento
- Contrato de alugamento ou último recibo de alugamento se o contrato se formalizou hai máis dun ano
- Último recibo de subministración de auga (*)
- Última factura de subministración de luz.
Vivenda en propiedade
- Escritura, contrato privado de compravenda ou recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución) (*)
- Último recibo de subministración de auga (*)
- Última factura de subministración de luz.
Vivenda en réxime de cesión
- Autorización para residir na vivenda
- Último recibo de subministración de auga (*)
- Última factura de subministración de luz.
Pensión, hotel ou establecemento colectivo similar
- Xustificante de inscrición no rexistro deste
(*) A presentación destes documentos é voluntaria, se ben contribúe a axilizar a tramitación do expediente.
Onde se presenta?
No Servizo de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00
Cal é o prazo para resolver?
Aproximadamente dúas semanas.
Canto custa?
Gratuíto.
Onde se tramita?
Sección de Estatística – Concello de Lugo.