Recursos Humanos: Capital Humano

Aposta pola formación e a alta cualificación

  • Lugo presenta as taxas de paro máis baixas de Galicia e de España
  • Nivel de conflitividade laboral máis baixo de Galicia e de España
  • As variacións experimentadas no IPC nos últimos meses foron máis favorables que as que se deron noutras zonas de Galicia e España
  • A relación custos laborais – calidade de vida é das mellores do territorio español

Persoal de alta cualificación

Contamos con bos niveis de ensino non universitario cunha forte implantación da formación profesional en especialidades como:

  • Equipos e instalacións electrónicas
  • Equipos electrónicos de consumo
  • Instalacións electrónicas
  • Enerxías renovables
  • Desenvolvemento de produtos electrónicos
  • Desenvolvemento de aplicacións informáticas
  • Administración en sistemas informáticos
  • Sistemas de telecomunicacións e informáticos
  • Mecanizado
  • Produción por mecanizado
  • Fabricación a medida e instalación de carpintería

Niveis óptimos de cualificación universitaria a través das especialidades como:

  • Maxisterio
  • Relacións laborais
  • Politécnica superior
  • Empresariais e admón. de empresas
  • Enfermería
  • Químicas
  • Ciencias da alimentación
  • Agrícola, montes
  • Humanidades
  • Veterinaria
  • (...)

Contamos coa presenza de grupos de investigación en sectores económicos de peso, posibilitando a transferencia do coñecemento e da innovación á empresa.