Calidade de vida
- Indicadores moi positivos de calidade de vida: seguridade cidadá, esperanza de vida, baixo custo da vida, grande oferta de vivenda accesible, número elevado de prazas en garderías públicas
- Forte nivel de equidade social
- Poboación con espírito emprendedor
- Boa dotación de servizos sanitarios (baixa taxa de mortalidade evitable). HULA – unha das infraestruturas sanitarias máis avanzadas de Europa
Servizos de lecer e cultura
- Boa oferta de servizos de ocio e cultura e gastronomía
- MIHL, Museo Interactivo de Historia de Lugo, baseado na utilización da tecnoloxía para a difusión do patrimonio cultural
- Grande oferta museística de valorización do patrimonio arqueolóxico
Comunicación e transporte
- Servizo adecuado de transporte público de viaxeiros e telecomunicacións
Turismo
- No ano 2006, Lugo foi declarado Municipio Turístico Galego
- O San Froilán e Arde Lucus están consideradas Festas de Interese Turístico Nacional
Deportes e benestar
- Boas estruturas deportivas. Destacan o fútbol e o baloncesto, pero tamén grandes e modernas infraestruturas para a práctica de tenis, pádel, natación, golf, tenis de mesa, tiro con arco, tiro olímpico...
- Rutas de sendeirismo e cicloturismo,
- Lugo conta ademais cun balneario, famoso polas súas termas de orixe romana
Humanización
- Potenciación da peonalización no centro histórico amurallado
- Amplas zonas verdes para o ocio e a práctica deportiva
- Cinto verde de máis de dez quilómetros ás beiras do río Miño e do río Rato
|

|