O Executivo de Paula Alvarellos formará a 20 lucenses no ámbito sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas dependentes en institucións sociais e a promoción e intervención socioeducativa con persoas con diversidade funcional. Farao a través dun novo obradoiro dual de emprego, denominado ‘Salus Lugo’, que porá en marcha a área de Dinamización Económica do Concello, a través dunha subvención autonómica de 421.000 euros. A formación será impartida nas dependencias do CEI Nodus e complementarase con traballo efectivo nos centros da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspnais), Cogami Lugo e San Vicente de Paul. O obradoiro, contará con dúas especialidades: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que permitirá obter un certificado de profesionalidade de Nivel 2 e disporá de 10 prazas; e Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade, que habilitará para a obtención dun certificado de profesionalidade de Nivel 3 e contará con outras 10 prazas.
Incentivos á contratación dos alumnos traballadores do obradoiro
- Bases xerais reguladoras da subvención por incentivos á contratación dos alumnos traballadores do obradoiro dual de emprego SalusLugo | Descargar pdf
- Anexo I | Descargar pdf
- Anexo II | Descargar pdf

