Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Obradoiro de emprego "SALUS LUGO"

Obradoiro de emprego "SALUS LUGO"

O Executivo de Paula Alvarellos formará a 20 lucenses no ámbito sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas dependentes en institucións sociais e a promoción e intervención socioeducativa con persoas con diversidade funcional. Farao a través dun novo obradoiro dual de emprego, denominado ‘Salus Lugo’, que porá en marcha a área de Dinamización Económica do Concello, a través dunha subvención autonómica de 421.000 euros.  A formación será impartida nas dependencias do CEI Nodus e complementarase con traballo efectivo nos centros da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspnais), Cogami Lugo e San Vicente de Paul. O obradoiro, contará con dúas especialidades: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que permitirá obter un certificado de profesionalidade de Nivel 2 e disporá de 10 prazas; e Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade, que habilitará para a obtención dun certificado de profesionalidade de Nivel 3 e contará con outras 10 prazas.

Incentivos á contratación dos alumnos traballadores do obradoiro

  • Bases xerais reguladoras da subvención por incentivos á contratación dos alumnos traballadores do obradoiro dual de emprego SalusLugo | Descargar pdf [1]
  • Anexo I | Descargar pdf [2]
  • Anexo II | Descargar pdf [3]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/obradoiro-de-emprego-salus-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/acordo_xgl_asdo.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/anexo_1.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/anexo_2.pdf