Lara Méndez e Isabel Rodríguez copresidiron a xuntanza, onde se coordinaron efectivos e recursos dispoñibles, co obxetivo de que o primeiro festival urbano de Lugo trasncurra sen incidentes
Unha dotación de bombeiros e tres unidades permanentes da Policía Local estarán nas inmediacións. Tamén haberá dúas ambulancias, un Hospital de Campaña, un posto morado contra a violencia machista e un punto de información sobre a prevención de consumo de alcol
A Policía Nacional e a Agrupación de Tráfico da Garda Civicl intervirán neste operativo, con máis de 40 efectivos traballando. Axentes da Garda Civil estarán nos accesos da cidade realizando campañas preventivas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiron este luns, no Salón de Comisións do Concello, a Xunta Local de Seguridade co fin de preparar e coordinar o dispositivo do Caudal Fest, que se celebrará este venres e sábado, 21 e 22 de setembro, a carón do río Miño.
Para garantir a seguridade deste primeiro festival urbano de Lugo, que leva máis de 10.500 entradas vendidas e que promove o Concello, programouse unha coordinación de efectivos dos diferentes corpos: Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional e Garda Civil, co obxecto de reforzar a seguridade no recinto deste evento, que acolle o parque do Pazo de Feiras e Congresos.
O dispositivo contempla unha dotación de bombeiros e tres unidades permanentes da Policía Local nas inmediacións, ademais dos efectivos necesarios para a regulación do tráfico. Nesta liña, o Gabinete de Tráfico elaborará un Plan de Tráfico, pois haberá cortes puntuais de distinas rúas segundo a afluencia de público. Estableceranse tamén zonas valadas e sinalización.
Así mesmo, no recinto estarán presentes dúas ambulancias e instalarase un Hospital de Campaña. Tamén haberá un posto morado, contra a violencia machista, e un punto onde se ofrecerá asesoramento, atención e entrega de información sobre o consumo de alcol e drogas. Deste xeito, garantiranse tanto os accesos como a asistencia sanitaria.
A Policía Nacional e a Agrupación de Tráfico da Garda Civicl intervirán neste operativo, con máis de 40 efectivos traballando. Axentes da Garda Civil estarán nos accesos da cidade realizando campañas preventivas.
Tanto a Alcaldesa como a Subdelegada -que asistía por primeira vez en Lugo a unha Xunta Local de Seguridade- coincidiron en incidir na importanica de coordinar os efectivos e recursos dispoñibles para garantir a seguridade cidadá e que un evento deste tipo transcurra sen incidentes, onde lucenses e visitantantes poidan desta celebración con absoluta normalidade e como mercere a ocasión dun primeiro festival destas características en Lugo.
O Caudal Fest abirá as súas portas, para a xornada de venres, que será gratuíta, ás 18:30 horas. A música arrincará ás 19:00 horas con Igloo, seguido dun acústico de Andrés Suárez, ás 20:15 horas; Viva Suecia ás 21:45 horas e Jose Crepúsculo, ás 01:15 horas. O sábado, a partir das 15:30 horas, pasarán polo escenario Berta Franklin, David Prado, DePedro, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Fereiro, Mala Rodríguez, Vetusta Morla, Novedades Carminha e Eme Dj.