Xullo a galope grazas a unha actividade de equitación posta en marcha polo Concello

Carmen Basadre mantivo este xoves un encontro cos nenos e nenas que están a participar no obradoiro de Iniciación á equitación, enmarcado na programación +Xtí

Xoves, 21 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xullo a galope grazas a unha actividade de equitación posta en marcha polo Concello

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegouse este xoves a Rubiás, ao centro de hípica Equs Cavalleti, onde mantivo un encontro cos participantes no obradoiro gratuíto de Iniciación á equitación, posto en marcha polo Concello no marco do programa +Xtí de prevención no consumo de drogas para ofrecerlle aos máis cativos unha nova alternativa no mes de xullo. O obradoiro, no que participan unha vintena de nenos e nenas tanto en quenda de mañá como de tarde, rematará o vindeiro xoves.

Noticias relacionadas