Uns 200 rapaces visitan o parque de bombeiros no día do patrón

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os bombeiros de Lugo celebraron hoxe a festivadade de San Xoán de Deus, patrón deste Corpo. Como en anteriores anos, o parque de bombeiros realizou unha xornada de portas abertas coa participación dun total de 182 rapaces dos colexios Divino Maestro, Cervantes, Sagrado Corazón e o de Educación Espacial de Santa María.

Os rapaces realizaron distintas actividades apagando lume con extintores, utilizando as mangueiras ou subindo aos vehículos.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, acompañou aos rapaces nesta visita e posteriormente deu conta das actuacións realizadas polos bombeiros no último ano. Destacou que a maioría das intervencións foron de pouca relavancia agás tres. Os incendios máis importantes foron en dous edificios en Otero Pedrayo e Montero Ríos e nun garaxe de Flor de Malva. Así mesmo, foi crucial a súa intervención no desplome dunha casa na avenida da Coruña.

Neste último ano os bombeiros realizaron 610 saídas, das que 114 foron por incendios e 99 por limpeza da calzada. Ademais, relacionadas con accidentes de tráfico figuran 30.

O Concelleiro destacou que durante este ano se conforman tres liñas de investimentos. A primeira estará fundamentada no equipamento específico de traballo, con novos uniformes, traxes químicos NBQ, cámaras térmicas, cortador de plasma e unha cizalla.

Noutras liñas realizaranse investimentos en comunicacións con novas unidades de cascos comunicadores, radioteléfonos e dous equipos GPS. Ademais, realizarase investimento en equipamento de mobiliario, pintura e catro bancos de vestiario.

Todo este investimento suporá un montante de 100.000 euros para este novo ano.

DESFILE

Como en anteriores ocasións, os bombeiros realizaron un desfile polo centro da cidade cos coches engalanados e utilizandos sirenas e luces. Esta actividade, que se realiza todos os anos, é seguida por moitos rapaces e rapazas.

A continuación celebrouse a misa na honra de San Xoán de Deus na capela do parque de bombeiros. Neste acto e no aperitivo posterior estivo o Alcalde, José López Orozco, e os principais mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade, como a Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Policía Autonómica, así como outras personalidades da vida pública.

O Alcalde felicitou a todos os bombeiros da cidade e animounos a seguir traballando coa mesma enerxía e ilusión. Destacou que se trata dunha profesión vocacional e en beneficio da cidadanía, razón pola que deben sentirse ogullosos.

Noticias relacionadas