Unha nova cata histórica aborda os accesos históricos á cidade de Lugo

Carmen Basadre presentou esta charla, impartida polo arqueólogo Javier Gómez, que versou sobre as vías romanas, o Camiño Primitivo e o Camiño Real de Carlos III

Xoves, 27 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha nova cata histórica aborda os accesos históricos á cidade de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves no Salón de Plenos unha nova cata histórica, neste caso sobre os accesos históricos á cidade de Lugo: as vías romanas, o Camiño Primitivo e o Camiño Real de Carlos III. O relator de dita conferencia foi o arqueólogo e historiador Javier Gómez.

Esta actividade, que contou con numeroso público, enmárcase dentro do programa de catas históricas, organizadas polo Concello. Levará aparellada unha posterior visita polo Camiño Primitivo para baixar polo Regueiro dos Hortos cara a Ponte Vella, Igrexa de San Lázaro, Antigo Hospital e visita ás antigas Termas, o día 27 de maio ás 11:00 horas. O punto de partida é a Praza Maior, diante da Casa do Concello.

Multimedia

  • Unha nova cata histórica aborda os accesos históricos á cidade de Lugo

Noticias relacionadas