Un collage compón este ano o cartel do San Froilán 2016

Carmen Basadre deu a coñecer este luns os deseños gañadores dos certames convocados polo Concello, tanto do San Froilán como do San Froilán Miúdo, obras de dúas mulleres luguesas

Luns, 06 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un collage compón este ano o cartel do San Froilán 2016

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este luns o cartel anunciador do San Froilán 2016, un collage, que baixo o nome de Neve e dun xeito distinto aos gañadores das anteriores edicións, integra os elementos característicos e os valores destes festexos; a artesanía, a gastronomía e a música. A edil tamén aunciou o deseño que anunciará o San Froilán Miúdo, Xa chegou, protagonizado por un polbo. “Trátase de dúas obras elaboradas por dúas mulleres luguesas, a cativa Lucía Varela Torres e Amalia Gorgoso Pacios”, subliñou Basadre ao tempo que informou que os deseños foron seleccionados por un xurado profesional composto polo profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro Rodríguez, o fotógrafo Pepe Alvez González, e unha profesora da Escola Politécnica Superior, María Isabel Somoza García.

O fallo produciuse esta mañá na Casa Consitorial, onde se xuntaron os máis de 80 traballos presentados ao concurso de adultos, o dobre que a pasada edición, e uns 42 aos dos máis cativos, unha decena máis que no 2015 Os gañadores recibirán un premio económico de 2.000 euros, no caso dos adultos, e un premio adaptado á idade da cativa gañadora, valorado en 300 euros.

Carmen Basadre amosou a súa satisfacción pola alta participación destes dous certames que buscaban ser as imaxes oficiais destes festexos que terán lugar do 4 ao 12 de outubro, e que no pasado ano deixaron en Lugo uns 11,5 millóns de euros e ata un 97% de ocupación hoteleira.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o cartel do San Froilán 2016 | Descargar mp3

Multimedia

  • Un collage compón este ano o cartel do San Froilán 2016

Noticias relacionadas