A alcaldesa, Lara Méndez, aproveitou a súa intervención para darlle a benvida, agradecendo o compromiso amosado e desexándolle moitos éxitos e acertos no seu labor
Debido ás restricións da pandemia a imposición da medalla realizouse no Salón de Alcaldía, unha vez finalizado o Pleno, nun acto institucional onde estiveron presentes os portavoces de todos os grupos municipais da Corporación.

Silvia Alonso Pérez tomou posesión do seu cargo como edil de Igualdade e Muller do Concello de Lugo no transcurso do Pleno Extraordinario celebrado esta mañá.
A alcaldesa, Lara Méndez, procedeu ao seu nomeamento agradecéndolle o compromiso que amosa “dando este paso adiante, nun contexto social difícil e complexo pero tamén moi ilusionante por poder aportar e formar parte da reconstrución e restruturación da cidade logo desta crise sanitaria”.
A rexedora aproveitou a súa intervención para darlle a benvida, desexándolle tamén moitos éxitos e acertos no seu labor nesta nova etapa, ao fronte da área de Igualdade e Muller.
Silvia Alonso, pola súa banda, afirmou asumir o cargo con “especial ilusión, moita humildade e ganas de aprendizaxe pero, sobre todo, con vocación de servizo público. Agardo non defraudar”, apuntou, ao tempo que afirmou sentirse xa “na casa, logo desta acollida tan calurosa e exquisita na súa preparación a pesar da adversidade”.
Debido ás restricións da pandemia a imposición da medalla tivo lugar no Salón de Alcaldía, unha vez finalizado a sesión plenaria, nun acto institucional onde estiveron presentes, ademais da parella da edil socialista, os portavoces de todos os grupos municipais da Corporación.
Vídeos
- Toma de posesión, da concelleira de Igualdade e Muller, Silvia Alonso Pérez | Descargar mp3
- Imposición da Medalla á concelleira de Igualdade e Muller, Silvia Alonso Pérez | Descargar mp3