A Semana do Cine celebra 40 edicións, co apoio do Concello e a Deputación

A programación inclúe 13 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de cine. Ademais da homenaxe a Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México

Como novidade este ano ampliouse a programación con novas seccións como,  Grandes historias, encontros de cine e con máis proxeccións de cinema galego

Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Semana do Cine celebra 40 edicións, co apoio do Concello e a Deputación

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a Vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcarcel, o Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel; presentaron este martes, no Salón de Actos da Deputación, a 40ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, dende o 10 ao 15, e dende 17 ao 21 de setembro. Ao acto tamén asistiron outras autoridades.

No acto, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen puxo en valor a traxectoria desta cita cultural, marcada no calendario cultural lugués e incluso no galego; amosou a súa satisfacción porque este evento permite que a cidade viva durante uns días o mellor do cine de autor e que a cidadanía goce coñecendo todo o traballo que se está a facer dende o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá; ao que lle agradeceu por estes 40 anos enchendo Lugo de grandes películas.

Pola súa banda, Álvaro Santos remarcou “que este festival, consolidado no tempo, converte a cidade das Murallas na capital cinematográfica de Galicia, xa que é un referente en toda a Comunidade, ademais, esta actividade cultural tamén repercute na economía e no turismo da cidade de Lugo, ao longo de toda esta semana que se celebra”.

Nese senso o Deputado agradeceu o gran traballo que leva realizando ao longo destes 40 anos o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. “A Semana do Cine de Autor de Lugo un éxito grazas ao traballo destes afeccionados que comezaron fai 40 anos con esta iniciativa, e hoxe, converteuse nun auténtico escaparate das novidades do cinema actual”, sinalou Santos Ramos.

"Dende o Concello de Lugo, xunto coa Deputación, estamos facendo unha aposta clara polos outros xeitos de adquirir coñecemento e impresións do que esta pasando na nosa contorna máis inmediata. Por iso, acabamos de asinar un convenio de colaboración con Fonmiñá, para que con 35.000 euros de todos os lucenses, ofrecerlles a posibilidade de impregnarse das imaxes e sons que nos chega de todo o mundo con esta Semana do Cine de Lugo”, asegurou Santos, quen sinalou que “Concello e Deputación estamos facendo unha importantísima labor para impulsar as diferentes expresións culturais que hai na nosa provincia, boa mostra delo é que esta cita segue enchendo as salas da capital. Por iso debemos apoialo todos os anos, non só no 40 aniversario”.

Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Nesta 40ª edición, participaran un total de 165 cintas de diferentes países. As pezas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas, curtas e documentais de todo o mundo. Dentro da programación do festival, figuran 13 ciclos: 13 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de cine. Ademais da homenaxe a Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México. O cartel desta edición é unha imaxe do Gran Teatro de Lugo que acolleu as 15 edicións, con fotografía de Eduardo Rodríguez Ochoa, e deseño de Lucia Yáñez Anllo.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas. As cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo, dependendo do ciclo.

Dúas novas publicacións cinéfilas

Para celebrar este 40 aniversario o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá editará un volume que leva por titulo “40 semanas de cine en Lugo”, a cargo de Xulio Xiz e Manuel Curiel, no que repasará a historia de cada unhas edicións deste certame. Ademais, presentarase outra obra que homenaxeará a actriz lucense Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México coa publicación dunha biografía da súa prolífica traxectoria artística.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá naceu en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos afeccionados ao mundo da imaxe. A primeira Semana Internacional de Cine de Autor celebrouse en Lugo en 1979. Desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita xa imprescindible para os cinéfilos que poden mergullarse no mundo do cine e homenaxear aos lucenses vinculados á sétima arte.

Programación do Festival

Ciclo Grandes Historias; Todas as proxeccións terán lugar na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas

  • O 10 de setembro: La opera rock. Jesucristo Superestar/ Wake up!
  • O 11 de setembro: Wiña y Pacha
  • O 12 de setembro: Same/ La huerta de la esquina
  • O 13 de setembro: Lado B
  • O 14 de setembro: Amparo 54/ Silencio

Cine Galego; As emisión serán no Salón de Actos da Deputación. Na primeira quenda ás 18:00 horas, e na segunda ás 20:00 horas

  • O 10 de setembro: Arteiros. Valentina. Peixes e Thanatos// O tempo na lurparia. Marxes. Lonxe. Exhalación. Eos
  • O 11 de setembro: Nove de decembro. Felicidad. Avelino//Paraíso roubado. Bagoas negras. María
  • O 12 de setembro: The rebel. Bagoas de ouro// Madre e Maestra. O cartel. Fin do pasado recente. Xente da raia
  • O 13 de setembro: Néboa. Atenas. Pera// A viaxe de Ruthr. Amanece despejado. Mbook. Escabarana
  • O 14 de setembro: Fóra. Despues de la bandera. Miñoca// Vértice de versos. La cueva. La mujer invisible

Sección Especial: Despois das proxeccións no Salón de Actos da Deputación,  encontros cos cineastas Jaime Camborda, Alfonzo Zarauza e Alberte Blanco

  • O 15 de setembro: Rapas das Bestas// Encallados

Encontros de cine: realizaranse no Vicerreitorado da USC, ás 19:30 horas

  • O 10 de setembro: Eugenio
  • O 11 de setembro: Cortos infinitos
  • O 12 de setembro: El precio de la risa. Los dos cines. La pantalla en la calle
  • O 13 de setembro: El cine que nos hizo libre. Huellas de luz

Ciclo infantil: proxeccións no Gustavo Freire ás 18:00 horas

  • O 17 de setembro: Beyon, Beyond
  • O 18 de setembro: El americano
  • O 19 de setembro: La panda de la selva
  • O 20 de setembro: Cuervito calcetín
  • O 21 de setembro: El reino de las ranas

O mellor da ano; será no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas

  • O 17 de setembro: En cuerpo y alma
  • O 18 de setembro: Tierra de Dios
  • O 19 de setembro: Una mujer fantástica
  • O 20 de setembro: La casa junto al mar
  • O 21 de setembro: Yo no soy Madame Bovary

Sección Oficial; proxeccións no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas

  • O 17 de setembro: Tódalas mulleres que coñezo
  • O 18 de setembro:  El insulto
  • O 19 de setembro: Princesita
  • O 20 de setembro: El viaje de sus vidas
  • O 21 de setembro: Bajo la piel del lobo

É para comer...Lugo; Na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas

  • O 17 de setembro: Glitch. Snitch. Vuelta y vuelta. Noche de paz. Bombon helado. Despertar. Tribu. Sorpresa
  • O 18 de setembro: Croquetas. Quarume. Por conta da casa. Lo supero. Antes de irme. Marta no viene a cenar. Pigmalion
  • O 19 de setembro: París puede esperar

Arte de Cine; proxeccións no Museo Provincial ás 19:00 horas

  • O 17 de setembro: You are mythical
  • O 18 de setembro: Thadat Myam. La photographe. Unforguettable J#14. El concepto de la ironía. Le prochain
  • O 19 de setembro: Socatoba. Noghteh Va Shir. Concerto em F. The neverending wall
  • O 20 de setembro: Robar a Rodin. El señor iluminatti
  • O 21 de setembro: Loving Vincent

Memoria histórica: as emisións serán no Vello Cárcere ás 19:30 horas

  • O 19 de setembro: Así que pasen cien años
  • O 20 de setembro: Pero que todos sepan que no he muerto
  • O 21 de setembro: Historia Antigua. Palabras cruzadas

Especiais: Será no Salón de Actos da Deputación ás 19:30 horas

  • O 17 de setembro sobre Dereitos Humanos: Leo a la vida. Pareja
  • O 18 de setembro será sobre Discapacidade: Malas hierbas. El trayecto. Un equipo. Aquí es posible. En el nombre del padre
  • O 19 de setembro a protagonista é Amnistía Internacional: La primera camboyana
  • O 20 de setembro despedida co filme  Dhogs

Cine nostálxico; na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas

  • O 20 de setembro: Sabanda. Amor residente
  • O 21 de setembro: Luces y sueños

Curtas de cine; as proxeccións serán no Vicerreitorado ás 19.30 horas

  • Dende os días 17 ata o 21 de setembro, e emitiranse as curtas mais premiadas

Homenaxe a Rosario Durcal (Lugo, 1927 - México, 1993)

  • Esta charla terá lugar no Salón de Actos da Deputacióno día 21 de setembro, a partir das 19:30 horas, coa emisión de Las Leandras, cinta da que foi protagonista. Nesto acto presentarase o libro escrito por Manuel Curiel sobre Rosario, e estará presente o fillo da artista. A lucense desenvolveu toda a súa carreira profesional como actriz de cinema en México

Multimedia

  • A Semana do Cine celebra 40 edicións, co apoio do Concello e a Deputación

Noticias relacionadas