Arroxo: "renovamos un ano máis a colaboración cos colectivos de Lugo que levan moito tempo realizando a benvida ao Apalpador, unha cita imoportante do Nadal lucense"
A área de Cultura organiza máis de 20 actividades culturais durante as festas de Nadal

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou as actividades culturais do Nadal 2020. A área de Cultura achegará o Nadal a distintos puntos da cidade, con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, na Praza de Abastos, ou Vello entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos.
"O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra" indicou Rubén Arroxo, que e engadiu "este ano decidimos colaborar novamente cos colectivos de Lugo, que levan moito tempo facendo a benvida ao Apalpador, que xa é unha cita importante do Nadal en Lugo".
Programación de nadal 2021-2022
- “Benvida ao apalpador” 22 de decembro. Praza Maior.
- 17:30h. 3 ruadas diferentes cara a praza maior.
- 18:00h. Obradoiros; Apalpadanzas (O Xeito) , Pintámonos como os seres da fraga (Semente).
- 18:45h. Actuación Troupelear.
- 19:10h. Chegada Apalpador.
- 19:30h Foliada. “Nadal Musical no Vello Cárcere". Concerto Lucus Ensemble 23 de decembro. Patio do Vello Cárcere.
- 20h. “Cachopo Máxico” de Lila Teatro. 27 decembro. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
- 18.30h. “Rancho de Reis Xeitoso” 28 decembro. Praza Santo Domingo/Quiroga Ballesteros.
- 18.30h. “A música das buguinas” de Mamá Cabra con Bellón Maceiras. 29 decembro. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
- 18.30h. “Mestre ma non troppo” de Bandullo azul. 2 de Xaneiro do 2022. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
- 18.30h. “Ningures” de Teatro ao cubo. 3 de xaneiro do 2022. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
- 18.30h. “Rancho de Reis Xeitoso” 5 de xaneiro 2022. Praza Maior. Fronte á Casa do Concello.
- 17.30h. Cabalgata de Reis. 5 de xaneiro 2022. Saída ás 17.30h do Parque da Milagrosa.
Obradoiros
- “Xa é Nadal” 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4 de xaneiro. MIHL.
- De 10.30h ás 13.30h. Nenas e nenos de 4 a 12 anos. “Obradoiro de Panxoliñas”. 27,28,29,30 de decembro e 3,4 e 5 de xaneiro. Vello Cárcere.
- 11:00 a 13:30 horas. “Contacontos Miúdos- Babar e Papá Noel” (3 a 5 anos) 18 de decembro. Vello Cárcere.
- 11.30h “Contacontos Miúdos- Babar e Papá Noel” (6 a 8 anos) 18 de decembro. Vello Cárcere.
- 18.00h. “Obradoiros Xeitosos” (3 a 8 anos) 19, 26 de decembro e 2 de Xaneiro. Vello Cárcere.
- 11.30h. “Descubrindo o solsticio de inverno” (3 a 6 anos) 22 e 29 de decembro. Vello Cárcere.
- 17.30h. “Descubrindo o solsticio de inverno” (7 a 12 anos) 22 e 29 de decembro. Vello Cárcere.