Romanos e castrexos protagonistas do cartel do Arde Lucus 2022

Os traballos deben ser en formato A3, e presentados sobre soporte ríxido que facilite a súa exposición, ademais de copia en formato dixital cunha resolución de 1890 X 2645.

Os deseños deberán reflexar o espíritu da festa Arde Lucus, tendo en conta a romanos e castrexos como protagonistas.

A data de celebración do Arde Lucus MMXXII será o 9,10,11,12 de xuño.

Venres, 04 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Romanos e castrexos protagonistas do cartel do Arde Lucus 2022

O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, daba a coñecer esta mañá as bases que rexerán o concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lucus 2022. Establecese un premio o traballo gañador valorado en 1.500 €, sendo esta obra empregadoa como cartel anunciador do “Arde Lucus 2022”, os restantes carteis presentados, serán expostos na Casa da Xuventude e nas redes sociais durante un mes.

Tal e como avanzou Repetto, “Os deseños deberán reflexar o espíritu da festa Arde Lucus, facendo especial fincapé na reconstrucción histórica e a volta da cidade a época da súa fundación, tendo en conta a romanos e castrexos como protagonistas”.

"Obrigatoriamente todos os traballos teñen que conter os seguintes compoñentes: Arde Lucus MMXXII, Festa de Interese turístico galego e Festa de Interese Turístico Nacional, a páxina web: www.ardelucus.com, a data de celebración: 9,10,11,12 de xuño, o logotipo do Concello de Lugo Alcaldía - Concellería de Xuventude, que se poderá descargar na web do Concello e os logotipos das redes sociais: twitter, flirck e facebook” apuntaba o edil. A entrega de orixinais efectuarase na Casa da Xuventude dende a convocatoria ata o 28 de febreiro do 2022. O horario de entrega será de 10.00h a 14.00h e de 16.30h a 21.30h, ou por correo certificado na seguinte dirección: Casa da Xuventude, R/ Xesús Bal e Gay s/n, 27002 LUGO. No caso de realizar o envio por correo certificado, será necesario que se envie copia scaneada do envio a seguinte dirección de correo: xuventude@lugo.gal o día que que realice o envio.  O último día de admisión de orixinais é o 28  de febreiro, non se admitirán obras que cheguen pasado este día."

As obras presentadas serán exhibidas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se fará unha votación popular da que se seleccionarán aquelas que logo serán sometidas á votación do xurado.

“Unha vez realizada a primeira escolla, de forma on- line, seleccionaranse 10 carteis se o número total de traballos non supera os 50 e, no caso de que se houberan presentado máis de medio cento, entón elixiranse, a maiores dos 10 máis votados,  o 10% do número total de obras presentadas”, explicou  o concelleiro.

O prazo para a votación estará aberto desde as 12:00 horas do 5 de marzo ata as 12:00 horas do día 12 dese mes. Unha vez feito o reconto de votos, a selección farase pública a través das redes sociais oficiais do Arde Lucus e da propia web da festa e do Concello de Lugo www.concellodelugo.gal.

O Concello de Lugo seleccionará un xurado formado por tres persoas expertas o cal será o encargado de seleccionar a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular o día 7 de marzo ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.

As bases completas estarán dispoñibles para todas as persoas interesadas na páxina oficial www.ardelucus.com, na web municipal www.concellodelugo.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.

Documentos

 

Noticias relacionadas