Presentación no Concello da camiseta do Breogán que conmemora o Arde Lvcvs

Xoves, 25 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación no Concello da camiseta do Breogán que conmemora o Arde Lvcvs

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente do Café Candelas Breogán,  Suso Lázare, presentaron este xoves, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova camiseta conmemorativa doArde Lvcvs que loce dende o pasado domingo o club. No acto tamén estivo o Voceiro Municipal e Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e as concelleiras de Benestar Social e Cultura, Ana Abelleira e Carmen Basadre, respectivamente; así como Maximus.

No acto, Méndez agradeceulle ao Breogán a sensibilidade que ten por incluír un referente da historia de Lugo na súa camisola (a 3ª equipación) e tamén do presente e o futuro: oArde Lvcvs. Tamén subliñou o aspecto do deporte que é orgullo e sentimento, ese sentimento que afianza á marea celeste co club, coa historia do Breogán e coa historia de Lugo. Para rematar fixo un chamamento á invadir con esta camisola-coraza o Pazo Provincial dos Deportes e a todos os pavillóns que visite o equipo lugués, amosando as ganas de ser historia do Breogán.

Esta camiseta xa se pode mercar na plataforma de venda online do club.

Noticias relacionadas