Paulo Fabio Máximo foi o encargado de abrir a programación do Lvcvs Cvltvral MMXVIII, cun paseo por Lugo a través da súa historia

Ao redor dunhas 15 persoas participaron na primeira actividade desta programación, organizada polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica do municipio, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño

Sábado, 10 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paulo Fabio Máximo foi o encargado de abrir a programación do Lvcvs Cvltvral MMXVIII, cun paseo por Lugo a través da súa historia

Paulo Fabio Máximo foi o encargado de abrir a programación do Lvcvs Cvltvral MMXVIII, organizada polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica do municipio, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño. Ao redor dunhas 15 persoas participaron na primeira actividade desta programación, un paseo por Lugo a través da súa historia da mán de Paulo Fabio Máximo, que acompañado de dous lictores, fixeron unha parada na Domus do Mitreo e no Centro Arqueolóxico de San Roque, así como un pequeno recorrido pola Muralla.

Esta é unha das novidades do Arde Lvcvs Cvltvral, que se volverá a repetir os segundos sábados de mes de abril, maio e xuño. A saída é, en todos os casos, ás 17:00 horas, dende o Miliario da Praza Armañá.

Concello e asociacións teñen preparadas medio centro de actividads de inspiración romana e castrexa ata xuño. As seguintes celebraranse a vindeira fin de semana. O sábado terá lugar o taller Mitoloxía nas túas mans, das 11:30 ás 13:30 horas e das 17:00 ás 19:00 horas, no Museo Arqueolóxico de San Roque, a cargo das Asamblearias de Lucus Augusti. O domingo será a quenda da Guardia Pretoriana, cun obradorio para fabricar espadas. Será das 17:00 ás 19:30 horas no MIHL. As actividades son abertas e de balde pero é preciso inscribirse no 010.

Máis información en www.lugo.gal

Multimedia

  • Paulo Fabio Máximo foi o encargado de abrir a programación do Lvcvs Cvltvral MMXVIII, cun paseo por Lugo a través da súa historia

Noticias relacionadas