O Vello Cárcere acolle a lectura de poemas do Dez de Marzo, escritos polo avogado Rafael Bárez mentres estivo recluído na prisión

Xoves, 04 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle a lectura de poemas do Dez de Marzo, escritos polo avogado Rafael Bárez mentres estivo recluído na prisión

O Vello Cárcere de Lugo viviu este xoves unha emotiva cita coa memoria histórica. No seu patio central tivo lugar a lectura dos versos do poemario do Dez de Marzo, do avogado laboralista e político coruñés Rafael Bárez, que escribiu na prisión durante os 9 meses que permaneceu no cárcere tras ser procesado polos sucesos do 10 de marzo de 1972, cando tivo lugar a protesta sindical nos estaleiros de Ferrol onde morrerían, a disparos da policía franquista, dous traballadores de Comisións Obreiras. Hoxe, o 10 de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega

Na súa presentación, estiveron a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como a Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García Rodeja.

Noticias relacionadas