“Imos estar pendentes das necesidades de mellora nos barrios por que son parte fundamental da cidade” dixo Rubén Arroxo
Arroxo sinalou que as obras de substitución do pavimento da beirarrúa foron derivadas dunha importante avaría no sistema de abastecemento de auga

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañada da edil responsable de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron as obras que se están a levar a cabo na rúa Río Landro. As obras, que levan tempo en marcha, iniciáronse a raíz dunha importante fuga de auga no sistema de abastecemento. Arroxo visitou as obras para comprobar o seu avance e informou que a vindeira semana comenzarán as obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos.
Nesta visita ao barrio da Cheda, Arroxo afirmou “imos estar pendentes das necesidades de mellora nos barrios por que son parte fundamental da cidade” e avanzou que “dende a concellaría de infraestruturas prioridades e traballaremos para dar solución a moitas pequenas cousas que fan que as veciños e veciñas de Lugo teñan unha maior calidade de vida, especialmente nos barrios”. Esta actuación de renovación dun tramo da rede de abastecemento de auga e de renovación do pavimento da beirarrúa xa fora iniciada no pasado mandato.
Audio
- O Tenente-Alcalde Rubén Arroxo, sobre as obras da Cheda | Descargar mp3