
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiron este mércores, no Salón de Plenos do Concello, aos 13 alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o Instituto lucense Virxe dos Ollos Grandes e o centro alemán Evangelisches Schulzentrum de Leipzig. No encontro, no que tamén estiveron presentes profesores e profesoras do centro, deron a benvida aos rapaces e rapazas participantes, momento que aproveitaron para darlles a coñecer os encantos da cidade de Lugo.
Os mozos e mozas de 2º curso da ESO que estarán ata este xoves na cidade, realizaron ao longo da súa estancia diferentes actividades turísticas e culturais para coñecer máis en profundidade a historia lucense e mellorar o idioma.