Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Salón de Plenos do Concello acolle a 13 estudantes alemáns de intercambio na cidade

O Salón de Plenos do Concello acolle a 13 estudantes alemáns de intercambio na cidade

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación
Mércores, 18 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Salón de Plenos do Concello acolle a 13 estudantes alemáns de intercambio na cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiron este mércores, no Salón de Plenos do Concello, aos 13 alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o Instituto lucense Virxe dos Ollos Grandes e o centro alemán Evangelisches Schulzentrum de Leipzig. No encontro, no que tamén estiveron presentes profesores e profesoras do centro, deron a benvida aos rapaces e rapazas participantes, momento que aproveitaron para darlles a coñecer os encantos da cidade de Lugo.

Os mozos e mozas de 2º curso da ESO que estarán ata este xoves na cidade, realizaron ao longo da súa estancia diferentes actividades turísticas e culturais para coñecer máis en profundidade a historia lucense e mellorar o idioma.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-salon-de-plenos-do-concello-acolle-13-estudantes-alemans-de-intercambio-na-cidade