O Goberno de Lugo renova o firme da unión da rúa Montirón co Paseo do Rato, no núcleo de San Fiz

Alexandre Penas: "trátase dunha rúa que mostra un desgaste moi avanzado, polo que é preciso unha actuación para mellorar a calidade de vida da veciñanza”

A concellería de Infraestruturas renovará a capa de rodadura con mestura bituminosa en quente

Xoves, 27 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo renova o firme da unión da rúa Montirón co Paseo do Rato, no núcleo de San Fiz

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou a renovación do firme da unión da rúa Montirón co Paseo do Rato, na rúa que atravesa o núcleo de San Fiz. Alexandre Penas explicou que “o firme actual presenta un avanzado estado de desgaste, ata o punto que chegou a medrar vexetación en varios tramos”. O edil de Infraestruturas explicou que “trátase tamén dunha solicitude da veciñanza da contorna, que axudará a mellroar a súa calidade de vida e a accesibilidade na zona”.

A solución que aplicará a concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor, xunto co pintado de nova sinalización horizontal e a instalación de novos sinais verticais de indicación. 

Alexandre Penas explicou que “seguimos traballando na mellora das zonas urbanas e periurbanas da cidade, atendendo aos distintos barrios para que todas as veciñas e veciños teñan acceso a instalacións públicas de calidade”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o asfaltado en San Fiz| Descargar mp3

Noticias relacionadas