A actuación, establecida nestas datas para interromper o mínimo posible a actividade deportiva, terá un valor de licitación de 267.297,70 euros e un prazo de execución de 4 semanas desde a adxudicación.
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, reuniuse hoxe cos representantes dos clubs que empregan a instalación para informarlles do procedemento e períodos nos que se desenvolverá a mellora.
“Con esta obra constátase a vontade do Goberno Local de ir renovando, na medida do posible, as máis de 30 instalacións que cede gratuitamente ao tecido asociativo, fundamentais para que poida desenvolver a súa actividade”, destacou o edil.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da concellería de Xuventude e Deportes, que dirixe Jorge Bustos, renovará o céspede artificial do Campo Municipal de A Polvoreira ao longo deste verán. O concelleiro reuniuse hoxe cos representantes dos clubs que empregan a instalación para informarlles do procedemento e períodos nos que se desenvolverá a mellora. “Tal e como me comprometín o verán pasado coas entidades que fan uso desta infraestrutura, acometeremos esta substitución tan necesaria, que ademais supón un importante esforzo económico por parte do Goberno Local, e amosa a súa aposta decidida por seguir facendo de Lugo unha cidade que leve ao deporte como un dos seus grandes acenos de identidade”, afirmou Bustos.
O edil, que cualificou a actuación como “moi precisa polo alto volume de utilización que ten o terreo de xogo ao longo de toda a tempada todas as semanas”, destacou que “con esta obra constátase a vontade do Goberno Local de ir renovando, na medida do posible, as máis de 30 instalacións que cede gratuitamente ao tecido asociativo, fundamentais para que poida desenvolver a súa actividade”.
Os traballos, establecidos nestas datas para interromper o mínimo posible a actividade deportiva, terán un valor de licitación de 267.297,70 euros e un prazo de execución de 4 semanas desde a adxudicación. Co obxectivo de que o terreo de xogo reúna as máis altas prestacións, as empresas que opten á licitación deberán presentar un informe dun laboratorio acreditado pola FIFA e incluído dentro das referencias quality.fifa.com. Así, a calidade do céspede artificial a instalar deberá cumprir cos estándares FIFA QUALITY e FIFA QUALITY PRO.
No encontro celebrado cos representantes das entidades que desenvolven a súa actividade no Campo de A Polvoreira, Bustos transmitiulles o compromiso de que “a obra quede rematada e lista para a súa utilización nas datas de inicio das competicións e o período lectivo do CEIP das Mercedes”.
Por último, o edil quixo destacar “a importancia que ten o tecido asociativo na formación, transmisión de valores e fomento de hábitos saudables entre as novas xeracións fai inenudible o noso apoio á súa actividade e a atención as súas necesidades, como pode ser a actuación que imos acometer no Campo Municipal de A Polvoreira”.
Audio
- O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, sobre A Polvoreira | Descargar mp3

