O corpo de bombeiros de Lugo visita a área de pediatría do HULA con agasallos para os nenos e nenas que non poderán pasar a noite de Reis nas súas casas

O novo sarxento de bombeiros, Miguel López, atribúe o mérito desta xornada ós seus compañeiros

Domingo, 05 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O corpo de bombeiros de Lugo visita a área de pediatría do HULA con agasallos para os nenos e nenas que non poderán pasar a noite de Reis nas súas casas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañou esta mañá ó corpo de bombeiros de Lugo á área de pediatría do HULA. Unha visita chea de agasallos, para os nenos e nenas que non poderán pasar a noite de Reis nas suas casas. Ademáis de presentes para os máis pequenos, tamén houbo tempo para leer contos e compartir experiencias. Miguel López, sarxento dos bombeiros de Lugo, destacou que “Ver a implicación da alcaldesa de Lugo coma de todo o Corpo de Bombeiros de Lugo ós que lles quero atribuír o mérito foi toda unha experiencia positiva tanto para os pequenos como para nos”.

Lara Méndez recalcou que “A nosa intención é a de facerlles así máis levadía a súa estancia nestas datas tan sinaladas a estes pequenos e pequenas que se atopan ingresados no hospital”.

Á mesma tamén se uniu a Concelleira de Benestar, Olga López que sinalou da importancia da iniciativa para estes pequenos que “nesta noite máxica non poden estar cas súas familias”. Ana Abelleira edil de Xuventude, xerente do HULA e persoal.

Noticias relacionadas