O Concello pecha ao público, por seguridade, os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, así como a exposición ao aire libre da Praza Maior

Domingo, 10 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora deste domingo quedaron pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos e choivas previstas para a xornada de hoxe. Así mesmo, quedou pechada ao público, por razóns de seguridade, a exposición ao aire libre Xénese, de Sebastián Salgado, situada ao fondo da Praza Maior.

A apertura dos parques realizarase en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

Noticias relacionadas