Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pecha ao público, por seguridade, os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, así como a exposición ao aire libre da Praza Maior

O Concello pecha ao público, por seguridade, os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, así como a exposición ao aire libre da Praza Maior

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Domingo, 10 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora deste domingo quedaron pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos e choivas previstas para a xornada de hoxe. Así mesmo, quedou pechada ao público, por razóns de seguridade, a exposición ao aire libre Xénese, de Sebastián Salgado, situada ao fondo da Praza Maior.

A apertura dos parques realizarase en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pecha-ao-publico-por-seguridade-os-parques-da-milagrosa-e-rosalia-de-castro-asi