O Concello de Lugo forma ó persoal voluntario de Protección Civil en materia de accidentes viais

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, en colaboración coa Consellería de Presidencia a través da Academia Galega de Seguridade Pública, imparte dende o xoves 8 de novembro, un curso para a formación de persoal voluntario de Protección Civil en caso de accidentes na estrada.

O curso gratuíto ten unha duración de 40 horas e formará ós asistentes dun modo teórico e práctico en materias de atención sanitaria de emerxencia, a sinalización de emerxencia, o protocolo de actuación en caso de accidente, etc.

Mañá ás 12:00 horas no parque de Bombeiros de Lugo terá lugar a primeira sesión práctica. Nesta xornada os asistentes aprederán o modo de realizar as prácticas de excarcelación dun automóbil. Para elo contarán con varios vehículos de desguace para practicar e maquinaria de excarcelación para o salvamento das vítimas que queden atrapadas nun accidente.

As clases teóricas terán lugar de luns a venres entre as 8 e as 10 das noite ata o mércores 21 de novembro.

Noticias relacionadas