Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo forma ó persoal voluntario de Protección Civil en materia de accidentes viais

O Concello de Lugo forma ó persoal voluntario de Protección Civil en materia de accidentes viais

  • Tema
    • Protección da comunidade
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, en colaboración coa Consellería de Presidencia a través da Academia Galega de Seguridade Pública, imparte dende o xoves 8 de novembro, un curso para a formación de persoal voluntario de Protección Civil en caso de accidentes na estrada.

O curso gratuíto ten unha duración de 40 horas e formará ós asistentes dun modo teórico e práctico en materias de atención sanitaria de emerxencia, a sinalización de emerxencia, o protocolo de actuación en caso de accidente, etc.

Mañá ás 12:00 horas no parque de Bombeiros de Lugo terá lugar a primeira sesión práctica. Nesta xornada os asistentes aprederán o modo de realizar as prácticas de excarcelación dun automóbil. Para elo contarán con varios vehículos de desguace para practicar e maquinaria de excarcelación para o salvamento das vítimas que queden atrapadas nun accidente.

As clases teóricas terán lugar de luns a venres entre as 8 e as 10 das noite ata o mércores 21 de novembro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-forma-o-persoal-voluntario-de-proteccion-civil-en-materia-de-accidentes