O Concello de Lugo distinguido polo seu apoio ao balonmán e o triatlón

Mércores, 04 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo será distinguido pola Federación Galega de Balonmán como recoñecemento ao seu labor a prol deste deporte. A Xunta Directiva desta entidade quere agradecer así a contribución da Concellería de Deportes lucenses a súa contribución ao balonmán galego de prestixio.

Este galardón será entregado nun acto que terá lugar o vindeiro 13 de febreiro na cidade de Vigo.

Por outra banda, o pasado 26 de xaneiro tivo lugar no Carballiño a gala galega de Triatlón, na que o Concello foi nomeada como a administración máis colaboradora deste deporte, ao que leva apoiando xa dez anos. Nesta gala resaltouse ademais, que Lugo fora a primeira cidade de Galicia na que se creou unha escola municipal de triatlón e que serviu de exemplo para outros municipios.

Estas distincións súmanse á recibida no mes de decembro na Gala do Atletismo Galego pola organización do Campionato de España de Atletismo categoría Cadete que se celebrou o pasado mes de outubro en Lugo.

Estes galardóns veñen a demostrar a forte aposta do Goberno Local polo deporte base e pola práctica deportiva xeralizada na cidade.

Noticias relacionadas