Iniciativa, baixo o título AECC en Marcha, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, desenvolverase por segunda vez en Lugo, acolléndoa tamén distintas cidades españolas en datas diferentes
Existe a posibilidade do Dorsal 0, para as persoas que non poidan participar pero decidan contribuír a esta causa solidaria cun donativo
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a presidenta da xunta provincial de Lugo desta asociación, María Luz Abella, e o xefe territorial de presidencia da Xunta en Lugo, Ramón Carballo, presentaban a proba solidaria baixo o título AECC en Marcha, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro.
A alcaldesa de Lugo felicitou á AECC Lugo por este evento e insistiu na importancia en avanzar en investigación nas enfermidades e tamen aproveitou para agradecer públicamente á Asociación Española Contra o Cancro e a todas as persoas que integran este colectivo, traballadores e traballadoras, voluntarios e voluntarias de Lugo, a labor que fan cos afectados por esta doenza.
María Luz Abella, agradeceu a colaboración institucional, insistindo na prestada polo Concello, explicou os distintos horarios desta milla e marcha.
A proba arrincará dende a Praza Horta do Seminario. Ás 19:00 horas dará comezo a marcha/andaina para todas as idades polo adarve da Muralla. Unha hora máis tarde, ás 20:00 horas, a milla Sub14 e Sub 16 mixto. Posteriormente a milla Sub10 e Sub12 mixta. A partir das 20:15 horas sairá a proba de pitufos mixta (para nenos e nenas nacidas a partir do 2013), ás 20:20 horas a milla absoluta feminina e ás 20:35 a masculina e finalmente os relevos Mixtos Sub14 e Sub 16. Existe a posibilidade do Dorsal 0, para as persoas que non poidan participar pero decidan contribuír a esta causa solidaria cun donativo.
Audio
- A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a II edición da AECC en Marcha | Descargar mp3