Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo colabora na II edición da AECC en Marcha

O Concello de Lugo colabora na II edición da AECC en Marcha

Iniciativa, baixo o título AECC en Marcha, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, desenvolverase por segunda vez en Lugo, acolléndoa tamén distintas cidades españolas en datas diferentes

Existe a posibilidade do Dorsal 0, para as persoas que non poidan participar pero decidan contribuír a esta causa solidaria cun donativo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social
Martes, 28 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo colabora na II edición da AECC en Marcha

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a presidenta da xunta provincial de Lugo desta asociación, María Luz Abella, e o xefe territorial de presidencia da Xunta en Lugo, Ramón Carballo, presentaban a proba solidaria baixo o título AECC en Marcha, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro.

A alcaldesa de Lugo felicitou á AECC Lugo por este evento e insistiu na importancia en avanzar en investigación nas enfermidades e tamen aproveitou para agradecer públicamente á Asociación Española Contra o Cancro e a todas as persoas que integran este colectivo, traballadores e traballadoras, voluntarios e voluntarias de Lugo, a labor que fan cos afectados por esta doenza.

María Luz Abella, agradeceu a colaboración institucional, insistindo na prestada polo Concello, explicou os distintos horarios desta milla e marcha.

A proba arrincará dende a Praza Horta do Seminario. Ás 19:00 horas dará comezo a marcha/andaina para todas as idades polo adarve da Muralla. Unha hora máis tarde, ás 20:00 horas, a milla Sub14 e Sub 16 mixto. Posteriormente a milla Sub10 e Sub12 mixta.  A partir das 20:15 horas sairá a proba de pitufos mixta (para nenos e nenas nacidas a partir do 2013), ás 20:20 horas a milla absoluta feminina e ás 20:35 a masculina e finalmente os relevos Mixtos Sub14 e Sub 16. Existe a posibilidade do Dorsal 0, para as persoas que non poidan participar pero decidan contribuír a esta causa solidaria cun donativo.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a II edición da AECC en Marcha | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-colabora-na-ii-edicion-da-aecc-en-marcha

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/280120_aecc.mp3