O primeiro será o día 20, para votar o proxecto de Orzamentos que o Executivo de Lara Méndez deseñou para o 2022.
A sesión se celebrará de xeito telemático para garantir a participación de todas as persoas integrantes do Goberno ao atoparse unha concelleira confinada.

O Concello de Lugo celebrará este mes de decembro tres sesións plenarias. A primeira delas terá lugar o próximo luns, día 20, cando a Corporación Municipal deberá votar o proxecto de Orzamentos que o Executivo de Lara Méndez deseñou para o exercicio 2022 e que mañá mesmo será presentado ao Consello Económico e Social e validado, posteriormente, en Xunta de Goberno.
O seu debate se realizará de xeito telemático ao atoparse, nestes momentos, confinada unha concelleira e co fin de garantir o seu dereito de participación.
A continuación, o vindeiro xoves 23, terá lugar o Pleno sobre o Debate do Estado do Concello, o segundo que se convoca neste mandato, onde a rexedora terá oportunidade de facer un balance da súa xestión durante o último exercicio e, finalmente, a xornada do 30, coincidindo co derradeiro xoves hábil de mes, a Corporación abordará a sesión ordinaria correspondente ao mes de decembro.