O Concello celebra este sábado o Día da Mocidade Inqueda

Será a partir das 10:30 horas na Casa da Xuventude. En xornada de mañá terá lugar un obradoiro audiovisual e un programa de radio. Á tarde celebrarase unha sesión teatral e un encontro co rapeiro Arce

Xoves, 28 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello celebra este sábado o Día da Mocidade Inqueda

O Concello de Lugo ten preparadas, para este sábado, 30 de setembro, distintas actividades para celebrar o Día da Mocidade Inqueda. Será, tal e como anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, dende as 10:30 horas na Casa da Xuventude.

A edil explicou que en xornada de mañá, terá lugar un obradoiro audiovisual, no que se realizará unha curtometraxe con temática saudable, e un programa de radio, que leva por nome Deporte en Liña. Xa de tarde, é a quenda dunha sesión teatral, que versará sobre a problemática do ciberacoso, e por último, un encontro con Arce, un rapeiro compostelano.

Carmen Basadre convidou á veciñanza máis nova a participar nestas actividades lúdico pedagóxicas e a pasar un día con outros mozos e mozas da súa idade.

Noticias relacionadas