O Concello amplía a programación cultural cun concerto de Bandas Sonoras da Banda Filharmónica de Lugo

Maite Ferreiro: “poderanse escoitar fragmentos dos máis recoñecidos compostitores de bandas sonoras, que se complementarán coa proxección de fragmentos de películas”

O concerto terá lugar este sábado 24 a partir das 18 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Martes, 20 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello amplía a programación cultural cun concerto de Bandas Sonoras da Banda Filharmónica de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto co que desde o Concello de Lugo se amplía a programación cultural. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá este sábado un novo concerto da Banda Filharmónica de Lugo, onde se interpretarán pezas de bandas sonoras de cine. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “neste concerto poderanse escoitar fragmentos dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos a nivel mundial, que se complementarán coa proxección de fragmentos das películas correspondentes”.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado, 24 de abril, a partir das 18 horas. A Banda Filharmónica de Lugo contará con Iván M. Sabio na dirección, e interpretaranse obras de cine e televisión de compositores como Danny Elfman, Ennio Morricone, Phillip Glass, John Williams, Hans Zimmer ou Ramin Djawadi, e temas de películas como La Vita è Bela, Interestellar ou The Godfather entre outras.

As entradas poden retirarse no portal entradaslugo.es, de xeito gratuíto. Maite Ferreiro lembrou que  “seguimos a traballar en achegar á veciñanza distintas propostas culturais para que todas as persoas teñan algunha actividade que se adapte aos seus gustos”.

Noticias relacionadas