O Concelleiro de Réxime Interior cualifica de satisfactorio o acordo acadado na Mesa Negociadora

Mércores, 22 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, deu conta do acordo adoptado na Mesa Negociadora na que participaron os representantes dos traballadores do Concello de Lugo.

Rábade cualificou de “moi satisfactorio o acordo que apoiaron unha boa parte dos sindicatos deste Concello”: UGT, CIG e Candidatura Independente.

As liñas básicas deste acordo son as seguintes:

* Unha suba salarial do 2% tal e como fixa a Lei de Orzamentos

* Os 36 euros da productividade que se cobraba en 11 mensualidades, pasan a formar parte do específico, consolidándose e cobrándose en 14 mensualidades.

* A bolsa económica que hai un ano se acordou en 450.000 euros, aumenta en 100.000 euros e o reparto será: 250.000 euros que irán incluídos nunha suba liñal en marzo, outra de 150.000 en setembro e outros 150.000 ligadas á asistencia.

* Aumentan os gastos sociais e a prima de xubilación pasa de 90 a 100 euros (o ano pasado aumentou de 60 a 90 euros)

Rábade explicou que tamén se acordou a creación dunha Comisión de seguemento da valoración e catalogación de postos de traballo, así como do plan de emprego. Este proceso está neste momento a piques de ser contratado.

O pasado día 20 de outubro a Mesa de Contratación concedeu ás empresas 3 días para subsanar algúns erros na documentación, e volverá a xuntarse o luns 27 de outubro para seleccionar á empresa adxudicataria que realizará os traballos de análise, decisión e valoración dos postos de traballo, a elaboración da relación de postos de traballo e o plan de emprego desta administración local.

O prezo deste  contrato está fixado nun máximo de 114.492 euros e un prazo máximo de execución dun ano.

Foron un total de oito as empresas que presentaron as súas plicas:

1. DEMOS CONSULTORES DE GESTIÓN S.A

2. PRICE WATERHOUSE COOPERS ASESORES DE NEGOCIOS S.L

3. TEA CEGOS S.A

4. ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN S.A

5. KPMG ASESORES S.L

6. EVERIS S.L

7. LAW AND CORPORATE S.L

8. RODRIGUEZ VIÑALS S.L

Noticias relacionadas