Iria Buide, concelleira de Educación: "Preto dun cento de estudantes que participan na actividade extraescolar de baile tradicional fixeron unha exhibición do aprendido este curso".
A banda Filharmónica e Cántigas e Frores deron un concerto conxunto na praza de Ferrol.

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo organiza este domingo 18 de maio unha xornada musical no centro dentro das actividades organizadas para o Día das Letras Galegas. A concelleira de Educación, Iria Buide, asistiu ao festival organizado polos grupos de baile das actividades extraescolares ofertadas aos centros de ensino de Lugo. Nesta cita, 80 estudantes dos colexios CEIP Illa Verde, Luís Pimentel, Rosalía, Sagrado Corazón, Aspnais e Quiroga Ballesteros interpretaron distintas pezas tradicionais como mostrando o traballo desenvolvido ao longo do curso.




