O Arde Lvcvs recupera nesta edición os campamentos, aínda que máis reducidos, e programará actividades seguras

A XX edición da gran festa de recreación histórica desenvolverá medio cento de actividades, que combinará actos presenciais e seguros con formatos online.

O edil de Xuventude, Mauricio Repetto, avanzou que “queremos avivar a chama do Arde Lvcvs a pesar das circunstancias para que siga sendo un motor de desenvolvemento”

O Macellvm cambiará de ubicación trasladándose ao parque Rosalía de Castro, e contará con 29 postos de artesanía e control de aforo na entrada.

Organízaranse tres concertos na explanada do Pavillón Municipal.

Diego AS, campión de España de Graffiti, elaborará un graffiti na Ronda da Muralla que represente a Cayo Julio César.

Venres, 28 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs recupera nesta edición os campamentos, aínda que máis reducidos, e programará actividades seguras

O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, presentou esta mañá o programa da XX edición do Arde Lucus, que terá lugar os días 17, 18, 19 e 20 de xuño, acompañado de membros das diferentes asociacións. Novamente, se recorrerá, debido as restricións sanitarias, a un formato mixto con máis de medio centenar de actos e actividades organizadas polos colectivos de recreación histórica que fixeron posible en conxunto co Concello manter viva a chama.

“Arde Lucus, é unha festa dinámica, viva e en constante renovación, destacar o alcance social, turístico e económico. Que pon de manifesto que esta festa de recreación histórica é un dos motores imprescindibles para axudar ao desenvolvemento da nosa cidade e para que cada vez mais xente nos coñeza e nos visite vía presencial ou online”, comentou o edil, que recordou que, “na súa XIX edición, a máis virtual da historia debido á crise sanitaria, chegamos a máis de 350.000 persoas de todo o continente, e nesta edición, na que incorporamos actividades a pe de rúa respectando as medidas de seguridade tamén traballaremos para chegar a tódalas casas a via online”, sostivo Repetto.

Entre as novidades, o concelleiro anunciou que nesta edición poderemos gozar de tres concertos ubicados todos eles na explanada do Pavillón Municipal: o 17 de xuño actuará Califato ¾ ; o Venres 18, Xabier Díaz e as adufeiras de salitre e o sábado 19, Oreka Tx.

Ademais, Diego AS, campión de España de Graffiti, elaborará un graffiti na Ronda da Muralla de Cayo Julio César.

En canto o publico infantil, contará ca representación musical da obra de teatro Hércules e tamén esta contemplada unha Conferencia telemática con tropas e lexións estranxeiras que pola situación actual non poden achegarse á cidade.

Por outra banda, volveranse a celebrar as vodas celtas e romanas, previa inscripción e Lugo voltará a recibir aos campamentos, aínda que máis reducidos, que estarán ubicados en diferentes zonas da cidade como era viña sendo habitual nas pasadas edicións, contando en todos eles cunha persoa encargada de controlar o aforo e as visitas aos mesmos estarán reguladas por horarios e días.

O edil quixo “agradecer ás asociacións participantes, o traballo exemplar levado a cabo para que Lugo volva as súas orixes do mellor xeito posible e da maneira más segura nesta edición”.

O Macellvm cambiará de ubicación trasladándose ao parque Rosalía de Castro, e contará con 29 postos de artesanía e control de aforo na entrada.

O primeiro dos actos terá lugar mañá, coa realización da conta atrás para o inicio dos festexos. A alcaldesa será a anfitrioa da cerimonia, enmarcada no Natalicio, que culminará coa colocación dun simbólico reloxo na Porta de San Fernando.

Información Vodas:

Concertos Arde Lucus

Califato:

  • Combinan electrónica avanzada con músicas enraizadas na tradición popular andaluza para crear un folclore propio que mira cara ao pasado e cara ao futuro.

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre:

  • O espectáculo do disco, 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).

Oreka TK:

  • A banda foi creada por Harkaitz Mtz. de San Vicente e Igor Otxoa en 1997 e desde entón non pararon de investigar e difundir as posibilidades que ofrece este instrumento, experimentando tanto co seu musicalidad como cos materiais de construción (desde a orixinaria madeira ata a pedra, tellas, bambú… ata xeo!), gozando e facendo gozar deste marabilloso instrumento.

Máis info

Audio

  • O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, sobre o "XX Arde Lucus" | Descargar mp3

Noticias relacionadas